Breadcrumb
IDEE-Codiige Cabecera
Infraestructura de Datos Espaciales de España
CODIIGE
Consejo Directivo de la Infraestructura de Información Geográfica de España
IDEE-Codiige Cabecera img
IDEE-Titulo subsección
IDEE
IDEE-Codiige Contenido
Consello Directivo da Infraestrutura de Información Xeográfica de España
O Consello Directivo da Infraestrutura de Información Xeográfica de España (CODIIGE), creado polo Consello Superior Xeográfico, está formado por representantes dos tres ámbitos da Administración, expertos das Comisións do Consello Superior Xeográfico, e expertos en políticas de medio ambiente.
Ten como responsabilidades principais:
- Dirixir e coordinar IDÉEA.
- Xestionar, manter e evolucionar o xeoportal IDEE.
- Organizar as Xornadas Ibéricas de IDE.
- Dinamizar a actividade do Grupo de Traballo da IDEEe dos Grupos Técnicos de Traballo.
- Informar á Comisión Europea sobre os Conxuntos de Datos Espaciais (CDE) e servizos existentes en España, en cumprimento do marco da Directiva INSPIRE.
- Establecer un Plan de Acción para a implementación da LISIGE e a Directiva INSPIRE en España, considerando Conxuntos de Datos Espaciais (CDE) e servizos catalogados no Catálogo CODSI.
Depende do CODIIGE
Os Grupos Técnicos de Traballo (GTT)
Encárganse das tarefas técnicas relacionadas coa implementación das Especificacións de Datos e Directrices Técnicas de INSPIRE e de axudar aos produtores de datos e servizos a cumprilas.
Propoñen a CODIIGE a aprobación de directrices, guías, clasificacións, listas codificadas e outros documentos técnicos que faciliten a interoperabilidade, para a súa elevación ao Consello Superior Xeográfico para a súa adopción.