Breadcrumb
Legislación-Datos Cabecera
Infraestrutura de Datos Espaciais de España
Datos
Legislación-Datos Cabecera img
Legislación-Titulo subsección
LEXISLACIÓN
Legislación-Datos Contenido
Normativa aplicable ós conxuntos de datos espaciais.
Para a creación e mantemento de datos véanse:
- (31-12-2014) Regulamento (UE) Nº 1089/2010 no que se refire á interoperabilidade dos conxuntos e os servizos de datos espaciais: no que se definen os requisitos para garantir a interoperabilidade e a harmonización dos conxuntos de datos e servizos espaciais dos temas dos anexos I, II e III da Directiva. Inclúe as regras de codificación dos conxuntos de datos espaciais, tipos de obxectos espaciais e de datos, definición de enumeracións e listas controladas, metadatos mínimos obrigatorios, etc. Tamén establece que a representación dos conxuntos de datos espaciais debe realizarse a través dun servizo de visualización coas capas e estilos definidos nas especificacións de datos de cada tema.
Esta versión refundida do 31 de decembro do 2014, inclúe as seguintes modificacións:- Regulamento (UE) Nº 102/2011, de 4 de febreiro de 2011 que modifica o Regulamento (UE) Nº 1089/2010: que introduce trocos en aspectos relativos a listas controladas.
- Regulamento (UE) Nº 1253/2013, de 21 de outubro de 2013 que modifica o Regulamento (UE) Nº 1089/2010: que engade as disposicións técnicas para os conxuntos de datos espaciais relativos aos temas dos anexos II e III da Directiva Inspire, e introduce modificacións nas disposicións técnicas existentes relativas aos temas do Anexo I da Directiva.
- Regulamento (UE) Nº 1312/2014, de 10 de decembro de 2014 que modifica o Regulamento (UE) Nº 1089/2010: que se refire só aos servizos de datos espaciais invocables.
- Regulamento (UE) Nº 2023/2431, do 24 de outubro de 2023 que modifica o Regulamento (UE) Nº 1089/2010 en canto á interoperabilidade dos conxuntos e servizos de datos espaciais.
- (08-12-2010) Regulamento (UE) Nº 1089/2010 no que se refire á interoperabilidade dos conxuntos e os servizos de datos espaciais: que non inclúe as modificacións do 2011, 2013, 2014 e 2023.
- Especificacións de datos: Para máis información acerca de como transformar os conxuntos de datos para que sexan INSPIRE, pódese visitar esta ligazón.
Para a implementación de todo isto, consultar o apartado de Implementación da Plataforma de la IDEE. En concreto os puntos 1) Identificar los Conxuntos de Datos Espaciais y 5) Transformar os datos.